Monthly Archives: Outubro 2011

Que sabemos os de 1º ESO D?

Na aldea dos meus avós traballaban no campo, eran gandeiros, agricultores, cazadores e mariñeiros .Os mariñeiros ían pola mañá buscar mexillóns as bateas nun pequeno barco. Daquela había leiras, e nelas traballaban con sacho, fouciño, arado e co gando.

No seu tempo o mundo era humilde e complicado. Non había electricidade e era máis difícil cociñar e facer outras cousas. Para lavar a roupa tiñan que ir ó lavadeiro. Meus avós non tiñan traballo e tiveron que emigrar para buscalo.

 Había que andar moito para buscar a auga ó pozo, xa que non se mercaba no supermercado. Cultivaban a súa propia comida: patacas, millo,froita …. Tamén para ter leite tiñan que apañar a herba para dar de comer as vacas e logo muxilas.

 No tempo dos avós aprendían a base de castigos e moito traballo e si querían xogar tiñan que organizar o seu tempo. Miña avoa contoume que xogaban á petanca, ao trompo e ás canicas.Tamén escoitaban musica nos tocadiscos. Eran moi festeiros, cantaban, bailaban, …

A moto era un medio de transporte moi común.

Eran familias moi grandes e, como non había tantos medicamentos, enfermaban e morrían.

Había diferenza de riquezas e encarcelamentos por ideas políticas.Cando empezou a ditadura de Franco os militares fusilaban a todos os que non cumprían as súas ordes. Non te podías expresar libremente. Cando eran xoves tiñan que ir á mili.

Advertisement

Que sabemos os de 1º ESO C?

Nos tempos de antes a xente tiña que traballar desde pequenos deixando a escola. As familias eran moi numerosas para que os fillos axudasen no traballo. Non tiñan tempo para xogar porque tiñan que traballar e coidar os seus irmáns.Para conseguir alimento tiñan que cazar, pescar e cultivar, e facían o caldo. O traballo era moi duro. Isto facía que foran máis maduros. Por exemplo, non tiñan tractores, así que os arados eran tirados por vacas.

Tamén traballaban nas bateas e nas conserveiras.

Antes as cousas transportábanse en animais coma os burros, porque non había outro medio de transporte.

As mulleres ían lavar a roupa ó río, ainda que tiñan moi pouca. Tiñan que ir buscar a auga ó pozo. Tiñan moi poucos recursos económicos e moita xente tivo que emigrar ao estranxeiro.

Os colexios estaban divididos para homes e mulleres.

A pesar do duro que eran os tempos, tamén cantaban, reían e xogaban.Daquela os xoguetes eran de madeira.

A moeda antiga era a peseta.

Os mozos ían á mili.

Eran tempos difíciles nos cales a ditadura complicaba moito a vida social, ir ao colexio, etc. Para atravesar a fronteira había que ter moito coidado e meterse polo monte, co medo de que algún soldado che atopara.

Agora os avós rosman moito porque a nosa vida é moito máis fácil ca deles.

Que sabemos os de 1 ESO B?

O traballo naqueles tempos era moi agobiante e duro. Cando ian a horta e á leira tiñan que apañar patacas e prantaban de todo. Os campesiños usaban o fouciño para segar o campo e o esterco e o arado servía para cultivar patacas, trigo e outras moitas hortalizas.

Como eran pobres cultivaban para vivir. Traballaban coas bateas, os barcos e adicábanse a mariscar. A súa vida era dura e chea de pobreza. Non tiñan cartos para mercar medicamentos. Por culpa da guerra houbo un atraso económico e a xente tivo que emigrar. A xente tamén tivo que escapar da ditadura de Franco polos asasinatos. Causaba dor. A ditadura obrigaba a ir a mili.

Pero non todo era tristeza, tamén se divertían. Xogaban co tirapedras, con balóns de pel de vaca, bonecas de trapo, canicas e outros xoguetes improvisados, á petanca e ó trompo. Era o máis entretido e divertido que tiñan para pasar o tempo.

Cando ían mercar, o patacón e a peseta eran as moedas que os nosos avós usaban.