Que sabemos os de 1 ESO B?
O traballo naqueles tempos era moi agobiante e duro. Cando ian a horta e á leira tiñan que apañar patacas e prantaban de todo. Os campesiños usaban o fouciño para segar o campo e o esterco e o arado servía para cultivar patacas, trigo e outras moitas hortalizas.
Como eran pobres cultivaban para vivir. Traballaban coas bateas, os barcos e adicábanse a mariscar. A súa vida era dura e chea de pobreza. Non tiñan cartos para mercar medicamentos. Por culpa da guerra houbo un atraso económico e a xente tivo que emigrar. A xente tamén tivo que escapar da ditadura de Franco polos asasinatos. Causaba dor. A ditadura obrigaba a ir a mili.
Pero non todo era tristeza, tamén se divertían. Xogaban co tirapedras, con balóns de pel de vaca, bonecas de trapo, canicas e outros xoguetes improvisados, á petanca e ó trompo. Era o máis entretido e divertido que tiñan para pasar o tempo.
Cando ían mercar, o patacón e a peseta eran as moedas que os nosos avós usaban.
Posted on Outubro 7, 2011, in que sabemos, textos and tagged que sabemos, textos. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0