A auga dá vida. ¿ Por que seguimos a contaminar e danar a Terra ? 1ºA
O deterioro do medio ambiente é debido aos vertidos, ao cambio climático, e todo producido por nós. Ao verter residuos tóxicos á hidrosfera deterioramos o medio ambiente. Por exemplo, os barcos que están no peirao botan aceites, graxas, … No Areal hai tuberías que botan augas suxas directamente ao mar. Na Ría de Arousa hai moitos puntos de contaminación mariña producida pola industria e augas residuais sen saneamento.
O acceso a auga potable en moitos países pobres é moi complicado. Esa pobreza limita ese acceso , o cal da lugar a graves problemas de saúde, causando miles de mortes a diario. Unha solución sería compartir os recursos hídricos, pero isto pode provocar conflitos e guerras.
Por outra parte, a auga é necesaria para a produción de alimentos. Empregamos a maior parte da auga na agricultura. Pero si hai escasez de auga debido á sequía, produciriase unha crise alimenticia: malnutrición, fame.
A maioría das fontes de enerxía utilizadas non son renovables. Hai que potenciar outras máis ecoloxicas. A auga pódese utilizar coma unha fonte de enerxía renovable e ecolóxica, evitando expulsar CO2 á atmósfera e mellorar o medio ambiente.
Ao aumentar a poboación hai que repartir máis a auga e isto supón un aumento do consumo. Hai un reparto desigual da auga. Por exemplo, en EE.UU. e Europa temos máis recursos e maior subministro de auga. En cambio, nos países pobres como Kenya, Somalia, Etiopía, … non hai tanto abastecemento de auga para consumo humano.
A auga dá vida. ¿ Por que seguimos a contaminar e danar a Terra ?
Posted on Marzo 7, 2012, in AUGA, textos. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0