AS CLASES COS AV@S

A semana pasada ( mércores 11 e xoves 12 de abril ) tivemos as clases cos avós.

Viñeron 6 persoas maiores que están a asistir á escola de adultos no IES Campo de San Alberte en Noia.

Mantivemos con eles un agradable e frutífero diálogo que agora vos presentamos nestes vídeos.

Grazas a Saturnino, Juan, Moledo, Pepe, Paco e José.

Grazas polo voso sorriso, polas vosas palabras, pola vosa sabiduría.

1ºESO A

Nós, os alumnos de 1º ESO A, vivimos unha bonita experiencia cuns avós de Noia que están estudiando no IES Campo de San Alberte. Non poideron recibir unha educación cando eran pequerechos e van á escola, agora que poden.Chámanse Saturnino, Moledo, Pepe, José, Juan e Paco, todos uns “cracks”.

Tivemos unha fantástica clase na que o pasamos xenial aprendendo cousas novas sobre a auga. Comparamos a nosa situación coa deles cando tiñan a nosa idade, tratando distintos aspectos: como utilizaban a auga, para que, como a obtiñan, onde a usaban e onde ía parar, os residuos que levaban …

Na época dos nosos avós o acceso á auga era moito máis difícil que agora, debido a que tiñan que desprazarse andando á fonte, ao río ou pozos. Mentres, agora abrimos a billa e xa temos auga.

Os usos da auga seguen a ser os mesmos, coma por exemplo o aseo persoal, alimentación e cociña, limpeza do fogar, rego … Os cambios con respecto á outras épocas son grandes en relación aos obxectos utilizados e aos lugares de uso.

Agora utilizamos electrodomésticos coma lavadoras, lavavaixelas, secadora, … que nos fan a vida máis cómoda, ao contrario que antes que o tiñan que facer todo eles a man. Usaban obxectos coma senllas, caldeiros, palanganas, ….

Sitios coma os lavadoiros eran moi comúns. Alí as mulleres ían lavar a roupa. Actualmente, o lugar onde o uso da auga é máis frecuente é a casa, sobre todo na cociña e o cuarto de baño.

Antes, case non ía ningún residuos na auga, xa que non se lle botaban produtos químicos, só xabóns neutros. Incluso as augas fecais reciclábanse facendo esterco para as leiras. Mentras, agora deben ir depuradas e saneadas, pero non sempre é así porque nalgúns lugares non hai depuradoras e vai chea de residuos: xabóns, produtos químicos, lexía, combustibles, aceites, graxas …

Nós temos a vida máis cómoda, contaminamos máis, desperdiciamos máis, e non lle damos tanta importancia. Aproveita a auga, pola túa vida, pola nosa.

1ºESO B

Somos alumnos de 1º ESO B do IES da Pobra do Caramiñal e queremos contarvos a nosa experiencia no Proxecto “A escola dos av@s”. Tivemos a sorte de ter unha clase cos avós para conversar sobre o tema da auga e comparar a nosa vida coa deles cando tiñan a nosa idade.

Prestáronos a súa axuda seis avós de Noia que estudan na escola de adultos do instituto, chamados Saturnino, José, Paco, Pepe, Moledo e Juan.

Debatimos sobre diferentes temas da auga: o consumo, o acceso á auga, os lugares de uso, obxectos relacionados con ela, os residuos …

Nós conseguimos a auga con só abrir a billa coa “traída” e antes era máis complicado conseguila, xa que había que ir ás fontes, regatos, ríos, pozos …e iso conlevaba un gran esforzo.

Basicamente, a auga utilízase para as mesmas cousas; por exemplo, asearse, cociñar, lavar, beber … Iso non cambiou, só que agora é máis fácil realizar as tarefas grazas a aparellos coma o lavavaixelas, lavadora, secadora, lavabo, …

Os avós contáronnos que antes só se utilizaba a auga na cociña e poucos lugares máis. Hoxe en día hai canalizacións e abastecemento de auga a case todos os lugares onde necesitemos usala. Un exemplo moi claro é o cuarto de baño porque naqueles tempos non o tiñan. Bañábanse nun barreño na habitación ou na cociña.

A auga utilizábase sen desperdiciala. “Non hai pouco que non chegue, nin moito que non se acabe”, díxonos Saturnino. Canto máis hai, máis vas a consumir. Canto menos haxa, acostúmaste a gastar pouco.

Na actualidade, a auga leva moitos máis residuos contaminantes como xabóns, lexías, aceites … que ás veces van parar aos mares e ríos sen depurar.

Consumo responsable: debemos coidar cada pinga de auga coma se fora a última e non contaminala.

1º ESO C

O outro día tivemos unha clase cuns avós que viven en Noia e van á escola de adultos. Preguntámoslle que facían coa auga cando tiñan a nosa idade. Aprendemos moitas cousas, coma por exemplo como tiñan o acceso á auga, para que e onde a usaban, que residuos ían na auga e obxectos relacionados con ela. Comparamos o noso tipo de vida coa deles.

Durante a clase sacamos algunhas conclusións.

O acceso á auga é moito máis fácil agora que antes.Nós con só abrir a billa xa a temos. En cambio cando eles eran pequenos tiñan que ir buscar auga ás fontes, ao río, nos pozos … Nas vilas incluso había mulleres ás que pagaban para que lle levaran a auga todos os días á casa.

Usaban senllas e caldeiros para ir buscala. Nós, en cambio, temos a billa, a lavadora, o retrete, o fregapratos, … que nos fan a vida máis levadeira e cómoda.

A auga utilízábase naqueles tempos practicamente para os mesmos fins que agora: para cociñar, asearse, beber, regar, limpar a casa … Sen embargo, os lugares onde se usa cambiaron bastante. Antigamente a auga empregábase nas hortas e leiras, na cociña, na corte dos animais e en poucos sitios máis. En cambio, nós temos un lugar especial: cuarto de baño, ademáis de que podemos ter acceso a auga en calquera lugar da casa. Como consecuencia, gastamos máis da que deberiamos e nela van moitos máis residuos contaminantes, como graxas, aceites, augas fecais, xabóns … que moitas veces nin sequera pasan por unha depuradora. Daquela como non había contaminación nas augas, aproveitaban para reutilizala, por exemplo, facendo esterco nas cortes.

En definitiva, vivimos nun mundo máis cómodo pero moito máis contaminado. Tamén non debemos consumir auga de xeito innecesario.

“ Non hai pouco que non chegue, nin moito que non se acabe”

( Saturnino )

1º ESO D

A pasada semana visitaron a nosa clase uns avós colaborando nun estudio sobre a auga dentro do proxecto “ A escola dos av@s

Durante dúas horas debatimos sobre o acceso á auga, os seus usos, os lugares onde se utiliza, os obxectos e os residuos, na actualidade e cando eles tiñan a nosa idade ( entre 12-14 anos ).

Na época dos avós o acceso á auga non era tan doado como agora. Tiñan que ir andando ás fontes , aos pozos, ao río, … transportándoa nas senllas na cabeza, caldeiros, xerras e outros recipientes. En cambio, nós podémola conseguir cun simple movemento de pulso na nosa cociña , no noso baño, na horta, na corte dos animais, no colexio, … Como temos tan fácil conseguir a auga, acabamos malgastándoa. Sen embargo, antes había que aproveitala moi ben xa que o tiñan máis complicado.

Debatindo cos avós, descubrimos que utilizamos a auga practicamente para o mesmo: cociñar, beber, lavar a roupa, asearse, nas leiras, alimentar o gando …

Billa, lavadora, lavavaixelas, secadora, mangueira, ducha, retrete, aspersores …obxectos que nos facilitan a vida diaria. Porén, o consumo aumenta, igual que a contaminación polos residuos que vertemos na auga: xabóns e derterxentes, restos de comida, aceites, produtos químicos, …

Si todos poñemos un pouco da nosa parte, xuntos podemos facer un mundo mellor.

Posted on Abril 16, 2012, in AUGA and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Nivel II EPA-Noia

    Paco di que quedaron moi contentos de ir alí. José di que non esperaba que se portaran tan ben os rapaces. Moledo, que tiñan fama de revolcóns pero que se portaron como homes e Chema, que llo puxéchedes moi fácil; que lle hai que dar as gracias ó guionista.
    Según Juan, estas experiencias teñen que repetirse…”entre col y col, un repollo” Esto xa se sabe quen o dixo…
    Unha aperta para todos/as

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: