O proxecto
O Proxecto “Escola dos avós” é un proxecto interdisciplinar en canto ó contido, cunha metodoloxía de traballo cooperativa que pretende crear dinámicas de traballo por competencias en torno ó mundo dos avós.
A través da interacción entre os avós e avoas e mais os seus netos e netas tratamos de establecer un fondo de diálogo entre eses dous mundos para traballar arredor de moi diferentes contidos (históricos, medioambientais, xeográficos, lingüísticos, ….) coa finalidade de que o alumnado adquira unha serie de competencias imprescindibles para o primeiro ciclo da ESO ( social e cidadá, coñecemento do medio físico, aprender a aprender, TIC, lingüística…).
O obxectivo final é obter produtos finais nos cales o noso alumnado exprese e comunique as distintas experiencias e coñecementos adquiridos, sempre dende unha perspectiva crítica logo dunha análise profunda e meditada.
Os obxectivos que se perseguen son:
- Levar a cabo un traballo interdisciplinar no cal colaboren de xeito coordinado varios departamentos do centro. A saber: CC.SS., Lingua Galega e Lingua Castelán.
- Propoñer unha metodoloxía de traballo cooperativo, no cal a retroalimentación sexa unha ferramenta cotidiana – e útil – de traballo.
- Levar a actividade “académica” ao exterior do centro, interactuar coa sociedade, neste caso coa xente maior.
- Fomentar e desenrolar o traballo por competencias, sen esquecer ningunha, pero centrándose en:
o Lingüística.
o Coñecemento e interacción co mundo físico.
o Social e cidadán.
o Dixital e tratamento da información.
o Aprender a aprender.
o Autonomía e iniciativa persoal.
- Elaborar produtos concretos que comuniquen o aprendido por parte dos alumnos.
- Pola súa parte, os profesores integrantes do grupo de traballo elaborarán secuencias de traballo nas que se indiquen de xeito práctico as diversas actividades que formarán parte do proceso de adquisición das competencias básicas, así como materiais teóricos de apoio: presentacións dos conteidos fundamentais, actividades interactivas para a reflexión e revisión lingüísticas, etc. (Ver cadros do Anexo ).
- Profundizar no marco do Tratamento Integrado das Linguas ( TIL )
- Áreas / Materias: Ciencias Sociais, Lingua galega, Lengua Castellana, Proxecto Interdisciplinar 1º ESO. Proxecto aberto á integración de outras áreas ao longo do curso.
- Tarefas: O procedimento de ensino por proxectos con tarefas que integren diferentes contidos de diversas áreas curriculares, responde á búsqueda de solucións ás dificultades que nos atopamos na nosa experiencia docente. Remitimos ao cadro Anexo que presentamos no presente proyecto.
- Competencias básicas: O enfoque fundamental do proxecto é permitir que os nosos alumnos e alumnas desenvolvan as distintas competencias básicas de xeito interdisciplinar, activo e integrador. O traballo que van desenvolver trata de dotar a súa experiencia dun contexto significativo e relevante de xeito que sirva tanto de motivación como de punto de unión para as distintas destrezas, habilidades, procedementos e contidos expositivos necesarios.
A forma de traballar as competencias básicas, por tanto, aspira a que os diferentes tipos de aprendizaxes, tanto estruturados como non estruturados (espontáneos, informais ó longo das distintas actividades previstas), queden integrados en distintos contextos e situacións de uso efectivo e a través dun traballo de síntese de diversas áreas de coñecemento.
Intentaremos desenvolver como contribúe á adquisición das distintas competencias básicas o proxecto.
1. Competencia en comunicación lingüística. O traballo nesta competencia será especialmente intensa e dende unha perspectiva integradora.
2. Competencia matemática
3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
4. Tratamento da información e competencia dixital
5. Competencia social e cidadá
6. Competencia cultural e artística
7. Competencia para aprender a aprender
8. Autonomía e iniciativa persoal
Tendo en conta unha perspectiva pedagóxico-didáctica da aprendizaxe construtivista social e da metodoloxía por proxectos, @ alumn@ enfronta o seu “Eu” ( e o “Nós” ) a un contorno social e natural… E vai investigar, describir, entender, explicar, criticar o mundo que o rodea.
O alumno:
Exterioriza: vólcase cara ao mundo, conveténdose ó mesmo tempo nunha motivación no mesmo proceso de aprendizaxe, de comprensión da realidade.
Obxectiva: busca información, datos, que lle fagan analizar a realidade como algo obxectivo.
Interioriza:
- O alumno fai súas as aprendizaxes sociais de forma activa, exprésaas e reconstrúeas
- O alumno é, ten que converterse en parte activa do proceso de produción e ordenación da realidade. É fundamental o compoñente creativo, reflexivo e crítico.
- Os produtos finais son básicos; o alumn@ ten que expresarse e comunicarse a través de “produtos” propios que reelaboren o seu coñecemento previo.
Socializa: Interacción dinámica onde educadores, alumnos e sociedade teñen unha función específica. O traballo con dinámica de grupos é, polo tanto, unha ferramenta básica, así como a búsqueda e tratamento de información.
Deixar un comentario
Comments 0