Category Archives: que sabemos
Que sabemos os de 1º ESO D?
Na aldea dos meus avós traballaban no campo, eran gandeiros, agricultores, cazadores e mariñeiros .Os mariñeiros ían pola mañá buscar mexillóns as bateas nun pequeno barco. Daquela había leiras, e nelas traballaban con sacho, fouciño, arado e co gando.
No seu tempo o mundo era humilde e complicado. Non había electricidade e era máis difícil cociñar e facer outras cousas. Para lavar a roupa tiñan que ir ó lavadeiro. Meus avós non tiñan traballo e tiveron que emigrar para buscalo.
Había que andar moito para buscar a auga ó pozo, xa que non se mercaba no supermercado. Cultivaban a súa propia comida: patacas, millo,froita …. Tamén para ter leite tiñan que apañar a herba para dar de comer as vacas e logo muxilas.
No tempo dos avós aprendían a base de castigos e moito traballo e si querían xogar tiñan que organizar o seu tempo. Miña avoa contoume que xogaban á petanca, ao trompo e ás canicas.Tamén escoitaban musica nos tocadiscos. Eran moi festeiros, cantaban, bailaban, …
A moto era un medio de transporte moi común.
Eran familias moi grandes e, como non había tantos medicamentos, enfermaban e morrían.
Había diferenza de riquezas e encarcelamentos por ideas políticas.Cando empezou a ditadura de Franco os militares fusilaban a todos os que non cumprían as súas ordes. Non te podías expresar libremente. Cando eran xoves tiñan que ir á mili.
Que sabemos os de 1º ESO C?
Nos tempos de antes a xente tiña que traballar desde pequenos deixando a escola. As familias eran moi numerosas para que os fillos axudasen no traballo. Non tiñan tempo para xogar porque tiñan que traballar e coidar os seus irmáns.Para conseguir alimento tiñan que cazar, pescar e cultivar, e facían o caldo. O traballo era moi duro. Isto facía que foran máis maduros. Por exemplo, non tiñan tractores, así que os arados eran tirados por vacas.
Tamén traballaban nas bateas e nas conserveiras.
Antes as cousas transportábanse en animais coma os burros, porque non había outro medio de transporte.
As mulleres ían lavar a roupa ó río, ainda que tiñan moi pouca. Tiñan que ir buscar a auga ó pozo. Tiñan moi poucos recursos económicos e moita xente tivo que emigrar ao estranxeiro.
Os colexios estaban divididos para homes e mulleres.
A pesar do duro que eran os tempos, tamén cantaban, reían e xogaban.Daquela os xoguetes eran de madeira.
A moeda antiga era a peseta.
Os mozos ían á mili.
Eran tempos difíciles nos cales a ditadura complicaba moito a vida social, ir ao colexio, etc. Para atravesar a fronteira había que ter moito coidado e meterse polo monte, co medo de que algún soldado che atopara.
Agora os avós rosman moito porque a nosa vida é moito máis fácil ca deles.
Que sabemos os de 1 ESO B?
O traballo naqueles tempos era moi agobiante e duro. Cando ian a horta e á leira tiñan que apañar patacas e prantaban de todo. Os campesiños usaban o fouciño para segar o campo e o esterco e o arado servía para cultivar patacas, trigo e outras moitas hortalizas.
Como eran pobres cultivaban para vivir. Traballaban coas bateas, os barcos e adicábanse a mariscar. A súa vida era dura e chea de pobreza. Non tiñan cartos para mercar medicamentos. Por culpa da guerra houbo un atraso económico e a xente tivo que emigrar. A xente tamén tivo que escapar da ditadura de Franco polos asasinatos. Causaba dor. A ditadura obrigaba a ir a mili.
Pero non todo era tristeza, tamén se divertían. Xogaban co tirapedras, con balóns de pel de vaca, bonecas de trapo, canicas e outros xoguetes improvisados, á petanca e ó trompo. Era o máis entretido e divertido que tiñan para pasar o tempo.
Cando ían mercar, o patacón e a peseta eran as moedas que os nosos avós usaban.
Que sabemos os de 1ºESO A?
O tempo dos nosos avós era duro e difícil,a vida que levaban era humilde e traballábase moito, estaban escravizados. Pero outras veces era un tempo alegre e entretido.
Ían en barco ata as bateas coller o mexillón, mariscaban e ían pescar en dornas.
O esterco era o abono daquela época. Recollían as patacas co sacho, cortaban a herba co fouciño e lavábana co carro de vacas. Ían ó monte coas vacas e ovellas todos os días.
A vida era moi dura cando gobernaba Franco. Na ditadura mataban a moita xente. Os irmáns maiores tiñan que facer a mili para coidar á súa familia. Os nenos non podían ir ao colexio porque tiñan que axudar no campo. Traballaban coidando as vacas, as ovellas e as galiñas.Non había moitas mediciñas para curar á xente.Algunhas familias tiñan que emigrar.
Cando mataban os porco facían chourizos, curaban o xamón e facían o caldo.
As mulleres ían ó pozo coller auga. Elas mesmas lavaban a roupa no río.
O lume era imprescindible para quentarse e facer de comer na lareira.
A peseta e o patacón eran as moedas oficiais.
A radio era o medio de comunicación máis utilizado.escitaban música nela e no tocadiscos. Comunicábanse a través de cartas.
Xogaban ás canicas, coas chapas e á estrícula.
Os nosos avós estudaban na aldea e montaban moito en bicicleta. No colexio se se portaban mal ou non sabían a lección pegábanlles cunha vara ou cunha regla.