Category Archives: textos

A auga é vida. Coidamos a auga, coidámonos a nós.

Verter residuos á auga deteriora o medio ambiente aumentando a contaminación. Por exemplo, na praia dos Raposiños sempre hai graxa na auga por mor da fábrica de conservas ou na praia da Cambra que hai escamas do peixe dunha fábrica e bota auga por unha tubería.

Ten un efecto negativo para a saúde nos países pobres xa que non teñen acceso a auga potable. Provócanse enfermidades coma o cólera ou diarreas chegando incluso á morte.

Deberiamos compartir a auga sen ser tan miserables coma para crear conflitos. Compartir os recursos hídricos provoca grandes conflitos entre países.

A agricutura necesita moito rego e polo tanto convértese na maior consumidora de auga no mundo. Se non hai auga ( por sequía ou desertización, por exemplo ) non se pode producir alimentos e hai fame.

A enerxía hidráulica é ecolóxica porque non contamina, coma por exemplo a que provén de fontes non renovables ( petróleo, gas natural, carbón ).

Canto máis poboación máis consumo de auga e alimentos. Pero tamén aumenta a pobreza. Hai un reparto desigual e inxusto do consumo de auga.

A auga é vida. Coidamos a auga, coidámonos a nós.

Advertisement

A auga é un ben moi escaso. Sigamos a estratexia das 3 R: reduce, reutiliza, recicla 1º C

Contaminamos, vertemos substancias tóxicas e facemos que a auga se deteriore. Esta contaminación forma parte do ciclo da auga e este exténdea. Nos Raposiños a fábrica de conservas verte graxas e restos de peixe e plásticos á auga. Outro exemplo, son os mariñeiros do Castelo que tiran restos de pintura das gamelas, restos de redes, botes e latas ao mar.

A auga está relacionada co cambio climático. En lugares como África hai desertización, sequía, falta de auga.

O acceso a auga potable pode evitar enfermidades e baixa a porcentaxe de mortalidade. A auga é necesaria para ter saúde. Nos países pobres ( África, p.ex.) a xente está obrigada a usar auga encharcadas e en mal estado. En cambio, nos países ricos o consumo de auga potable é moito maior.

Pero compartir a auga causa conflitos.

A auga é necesaria para producir alimentos. A maior parte da auga do consumo humano vai para a agricultura. Entón si houbera unha crise de auga, tamén habería crise de alimentos: fame, malnutrición, enfermidades, mortes.

A enerxía hidráulica é unha das máis limpas.

O consumo da auga creceu a un ritmo que duplica o aumento da poboación mundial. Pero hai un reparto desigual: menor no Terceiro Mundo debido á pobreza.

A auga é un ben moi escaso. Sigamos a estratexia das 3 R: reduce, reutiliza, recicla

Manchas de restos de carburante e aceite no peirao

Autora: Celia Maneiro (1ºC)

Auga, unha fonte para vivir. Sen ela non hai nada. 1º B

Autor: Rubén Blanco (1ºB)

Continuamente vertemos residuos contaminantes á hidrosfera e pode ter terribles consecuencias no medio ambiente. Por exemplo, no peirao de Ribeira e no da Pobra hai botes de plástico, aceites, bolsas, latas, …. Tamén na praia de Cabío ou no Areal hai tuberías que botan auga contaminada. Os barcos pesqueiros botan redes vellas ao mar, aceites, restos de gasolina, …. O exemplo máis claro de contaminación en Galicia foi o afundimento do Prestige no ano 2002.

A xente que vive en países pobres, sen recursos non ten acceso a auga potable. A que usan moita ás veces está contaminada por bacterias. Isto causa enfermidades ( diarrea, cólera ,… ) e incluso a morte ( máis de 5 millóns de persoas ao ano). En África e outros lugares hai conflitos por ter que compartir auga.

A agricultura é a maior consumidora da auga para o rego. Se hai escasez de auga por sequía ou desertización pódese producir unha crise alimentaria: malnutrición, fame, enfermidades, morte.

A enerxía hidráulica é unha forma limpa e renovable de xerar electricidade.

A poboación está crecendo rapidamente e con ela o consumo de auga. Nos países pobres non hai suministro de auga nen saneamento. Debería haber mellor reparto do consumo da auga.

Auga, unha fonte para vivir. Sen ela non hai nada.

Autor: Rubén Blanco (1ºB)

A auga dá vida. ¿ Por que seguimos a contaminar e danar a Terra ? 1ºA

O deterioro do medio ambiente é debido aos vertidos, ao cambio climático, e todo producido por nós. Ao verter residuos tóxicos á hidrosfera deterioramos o medio ambiente. Por exemplo, os barcos que están no peirao botan aceites, graxas, … No Areal hai tuberías que botan augas suxas directamente ao mar. Na Ría de Arousa hai moitos puntos de contaminación mariña producida pola industria e augas residuais sen saneamento.

 O acceso a auga potable en moitos países pobres é moi complicado. Esa pobreza limita ese acceso , o cal da lugar a graves problemas de saúde, causando miles de mortes a diario. Unha solución sería compartir os recursos hídricos, pero isto pode provocar conflitos e guerras.

Por outra parte, a auga é necesaria para a produción de alimentos. Empregamos a maior parte da auga na agricultura. Pero si hai escasez de auga debido á sequía, produciriase unha crise alimenticia: malnutrición, fame.

A maioría das fontes de enerxía utilizadas non son renovables. Hai que potenciar outras máis ecoloxicas. A auga pódese utilizar coma unha fonte de enerxía renovable e ecolóxica, evitando expulsar CO2 á atmósfera e mellorar o medio ambiente.

Ao aumentar a poboación hai que repartir máis a auga e isto supón un aumento do consumo. Hai un reparto desigual da auga. Por exemplo, en EE.UU. e Europa temos máis recursos e maior subministro de auga. En cambio, nos países pobres como Kenya, Somalia, Etiopía, … non hai tanto abastecemento de auga para consumo humano.

A auga dá vida. ¿ Por que seguimos a contaminar e danar a Terra ?

Que sabemos os de 1º ESO D?

Na aldea dos meus avós traballaban no campo, eran gandeiros, agricultores, cazadores e mariñeiros .Os mariñeiros ían pola mañá buscar mexillóns as bateas nun pequeno barco. Daquela había leiras, e nelas traballaban con sacho, fouciño, arado e co gando.

No seu tempo o mundo era humilde e complicado. Non había electricidade e era máis difícil cociñar e facer outras cousas. Para lavar a roupa tiñan que ir ó lavadeiro. Meus avós non tiñan traballo e tiveron que emigrar para buscalo.

 Había que andar moito para buscar a auga ó pozo, xa que non se mercaba no supermercado. Cultivaban a súa propia comida: patacas, millo,froita …. Tamén para ter leite tiñan que apañar a herba para dar de comer as vacas e logo muxilas.

 No tempo dos avós aprendían a base de castigos e moito traballo e si querían xogar tiñan que organizar o seu tempo. Miña avoa contoume que xogaban á petanca, ao trompo e ás canicas.Tamén escoitaban musica nos tocadiscos. Eran moi festeiros, cantaban, bailaban, …

A moto era un medio de transporte moi común.

Eran familias moi grandes e, como non había tantos medicamentos, enfermaban e morrían.

Había diferenza de riquezas e encarcelamentos por ideas políticas.Cando empezou a ditadura de Franco os militares fusilaban a todos os que non cumprían as súas ordes. Non te podías expresar libremente. Cando eran xoves tiñan que ir á mili.

Que sabemos os de 1º ESO C?

Nos tempos de antes a xente tiña que traballar desde pequenos deixando a escola. As familias eran moi numerosas para que os fillos axudasen no traballo. Non tiñan tempo para xogar porque tiñan que traballar e coidar os seus irmáns.Para conseguir alimento tiñan que cazar, pescar e cultivar, e facían o caldo. O traballo era moi duro. Isto facía que foran máis maduros. Por exemplo, non tiñan tractores, así que os arados eran tirados por vacas.

Tamén traballaban nas bateas e nas conserveiras.

Antes as cousas transportábanse en animais coma os burros, porque non había outro medio de transporte.

As mulleres ían lavar a roupa ó río, ainda que tiñan moi pouca. Tiñan que ir buscar a auga ó pozo. Tiñan moi poucos recursos económicos e moita xente tivo que emigrar ao estranxeiro.

Os colexios estaban divididos para homes e mulleres.

A pesar do duro que eran os tempos, tamén cantaban, reían e xogaban.Daquela os xoguetes eran de madeira.

A moeda antiga era a peseta.

Os mozos ían á mili.

Eran tempos difíciles nos cales a ditadura complicaba moito a vida social, ir ao colexio, etc. Para atravesar a fronteira había que ter moito coidado e meterse polo monte, co medo de que algún soldado che atopara.

Agora os avós rosman moito porque a nosa vida é moito máis fácil ca deles.

Que sabemos os de 1 ESO B?

O traballo naqueles tempos era moi agobiante e duro. Cando ian a horta e á leira tiñan que apañar patacas e prantaban de todo. Os campesiños usaban o fouciño para segar o campo e o esterco e o arado servía para cultivar patacas, trigo e outras moitas hortalizas.

Como eran pobres cultivaban para vivir. Traballaban coas bateas, os barcos e adicábanse a mariscar. A súa vida era dura e chea de pobreza. Non tiñan cartos para mercar medicamentos. Por culpa da guerra houbo un atraso económico e a xente tivo que emigrar. A xente tamén tivo que escapar da ditadura de Franco polos asasinatos. Causaba dor. A ditadura obrigaba a ir a mili.

Pero non todo era tristeza, tamén se divertían. Xogaban co tirapedras, con balóns de pel de vaca, bonecas de trapo, canicas e outros xoguetes improvisados, á petanca e ó trompo. Era o máis entretido e divertido que tiñan para pasar o tempo.

Cando ían mercar, o patacón e a peseta eran as moedas que os nosos avós usaban.

 

Que sabemos os de 1ºESO A?

O tempo dos nosos avós era duro e difícil,a vida que levaban era humilde e traballábase moito, estaban escravizados. Pero outras veces era un tempo alegre e entretido.

Ían en barco ata as bateas coller o mexillón, mariscaban e ían pescar en dornas.

O esterco era o abono daquela época. Recollían as patacas co sacho, cortaban a herba co fouciño e lavábana co carro de vacas. Ían ó monte coas vacas e ovellas todos os días.

A vida era moi dura cando gobernaba Franco. Na ditadura mataban a moita xente. Os irmáns maiores tiñan que facer a mili para coidar á súa familia. Os nenos non podían ir ao colexio porque tiñan que axudar no campo. Traballaban coidando as vacas, as ovellas e as galiñas.Non había moitas mediciñas para curar á xente.Algunhas familias tiñan que emigrar.

Cando mataban os porco facían chourizos, curaban o xamón e facían o caldo.

As mulleres ían ó pozo coller auga. Elas mesmas lavaban a roupa no río.

O lume era imprescindible para quentarse e facer de comer na lareira.

A peseta e o patacón eran as moedas oficiais.

A radio era o medio de comunicación máis utilizado.escitaban música nela e no tocadiscos. Comunicábanse a través de cartas.

Xogaban ás canicas, coas chapas e á estrícula.

Os nosos avós estudaban na aldea e montaban moito en bicicleta. No colexio se se portaban mal ou non sabían a lección pegábanlles cunha vara ou cunha regla.